loader image

Colectivo Ruando

Fotografía
de Rúa

Ruando é un colectivo de fotografía de rúa de Lugo: aberto, horizontal e sen xerarquías.
Camiñamos, observamos e compartimos — porque a rúa é o noso territorio.

Quen Somos

Ruando: de rúa e de andar, porque iso facemos.

Somos un colectivo de fotógrafas e fotógrafos de Lugo, afeccionados e profesionais, sen xerarquías nin directiva. Un laboratorio aberto no que o que importa non é o like, senón o ollo. O noso carácter é didáctico e sen ánimo de lucro: un espazo para aprender, compartir e mirar mellor.

Actividades realizadas

Anos activos

Membros do colectivo

Actividades

VIVIAN MAIER

VIVIAN MAIER

Proxeción do documental «Finding Vivian Maier» (John Maloof)
Ponente: María Vázquez
Biblioteca pública de Lugo
11 xuño 2026

Proxectos e Exposicións

Exposición COLECTIVO RUANDO 2026

«HISTORIAS DA RÚA»
Lugar: O vello Cárcere
Datas: Novembro e decembro 2026

Exposición de COLECTIVO RUANDO 2025

A RÚA COMO ESPELLO: UNHA OLLADA A ALMA URBANA
Lugar: O Vello Cárcere – Lugo
Datas: Outubro e Novembro 2025

Ruando PhotoFest Lugo26

RuandoPhotoFest é un festival de fotografía de rúa que se celebra en Lugo durante a primeira semana de novembro de 2026. O festival reúne fotógrafas e fotógrafos profesionais, afeccionados e todas as persoas interesadas neste xénero nunha experiencia centrada na exploración creativa, a narrativa visual e o desenvolvemento de competencias fotográficas.

Durante cinco días, o evento inclúe exposicións colectivas e individuais, obradoiros especializados, masterclasses, paseos fotográficos guiados, visionados de portafolios, proxeccións, concursos fotográficos e actividades culturais paralelas.

I Concurso de Fotografía Xuvenil RUANDO 2026  

O presente concurso ten como obxectivo fomentar a creatividade artística entre a mocidade, promovendo a observación da contorna urbana a través da fotografía de rúa. Procúrase captar escenas cotiás, momentos espontáneos e a vida na cidade desde unha mirada persoal.

Poderán participar estudantes matriculados en centros de ensino, distribuídos nas seguintes categorías por idade:

A: 12 a 14 anos (1º a 3º ESO)
B: 15 a 17 anos (4º ESO e Bacharelato)
C: 18 a 22 anos (Formación Profesional e outros estudos posobrigatorios)

1 premio para cada categoría, consistentes en material fotográfico.

Vídeos Ruando

Os vídeos do Colectivo Fotográfico Ruando abordan diferentes temas relacionados coa fotografía de rúa. Neles compartimos técnicas, consellos, experiencias e reflexións, ademais de analizar imaxes e descubrir o traballo de fotógrafos de referencia. Un espazo pensado para aprender, inspirarse e seguir gozando da fotografía de rúa.

Retos Fotográficos

Os retos son o corazón de Ruando. Unha proposta que nos lanza á rúa con intención, para explorar un tema, descubrir un autor ou simplemente mirar con máis atención o que sempre estivo aí.

RETO 11 ARDE LUCUS, ARDE A RÚA

Unha semana na que Lugo colle lume: lexionarios romanos, guerreiros castrexos, turistas con móbil en ristre e lucenses intentando chegar ao traballo entre escudos e lanzas. O reto é fotografar esa convivencia absurda e marabillosa entre o pasado e o presente, onde o disfrace e o cotián chocan nunha mesma rúa. Desaparece entre a multitude e dispara.

RETO 10 Vivian Maier

Proximidade case invasiva aos suxeitos, sombras e reflexos convertidos en xogo visual, xeometría urbana e, en cor, un ollo lúdico para os detalles máis inesperados da rúa. Imaxes tomadas en silencio, capturando xestos mínimos e expresións espontáneas da vida cotiá, como se a cámara non existise. O reto é iso: desaparecer e disparar.

Martin Parr

“Martin Parr” Cunha gran iluminación e saturación da cor, destaca as peculiaridades e debilidades dos individuos e das sociedades a través de imaxes cargadas dun humor sarcástico e, a miúdo, mordaz.
1.12.2025 – 31.5.2026, Fotos de rúa no estilo de Martin Parr. Fotos de arquivo permitidos

Primavera

A primavera transforma as rúas nun escenario cheo de vida: a luz vólvese máis amable, todo énchese de cor e as persoas parecen moverse cunha enerxía distinta, cada recuncho ofrécenos unha historia espontánea onde o cotiá florece…
20.3. -21.6.2026, Fotos de rúa recén feitas.