Retos activos
Arquivo de Retos
RETO 11 ARDE LUCUS, ARDE A RÚA
Unha semana na que Lugo colle lume: lexionarios romanos, guerreiros castrexos, turistas con móbil en ristre e lucenses intentando chegar ao traballo entre escudos e lanzas. O reto é fotografar esa convivencia absurda e marabillosa entre o pasado e o presente, onde o disfrace e o cotián chocan nunha mesma rúa. Desaparece entre a multitude e dispara.
RETO 10 Vivian Maier
Proximidade case invasiva aos suxeitos, sombras e reflexos convertidos en xogo visual, xeometría urbana e, en cor, un ollo lúdico para os detalles máis inesperados da rúa. Imaxes tomadas en silencio, capturando xestos mínimos e expresións espontáneas da vida cotiá, como se a cámara non existise. O reto é iso: desaparecer e disparar.
Martin Parr
“Martin Parr” Cunha gran iluminación e saturación da cor, destaca as peculiaridades e debilidades dos individuos e das sociedades a través de imaxes cargadas dun humor sarcástico e, a miúdo, mordaz.
1.12.2025 – 31.5.2026, Fotos de rúa no estilo de Martin Parr. Fotos de arquivo permitidos
Primavera
A primavera transforma as rúas nun escenario cheo de vida: a luz vólvese máis amable, todo énchese de cor e as persoas parecen moverse cunha enerxía distinta, cada recuncho ofrécenos unha historia espontánea onde o cotiá florece… 20.3. -21.6.2026, Fotos de rúa recén feitas.





