
charlas / masterclass

jota barros
Fotógrafo e docente de Fotografía.
Fundador de @elclubdefotografiacallejera.
Fotografia de rúa. O seu relatorio tratará sobre como desenvolver unha mirada atenta na contorna urbana, combinando sesións teóricas, exercicios de observación e traballo en exteriores.
Data: 7/Nov/26 Lugar: Salón Actos da Deputación Lugo

orietta gelardin
Deseñadora gráfica e fotógrafa
Guiada pola súa intuición e impulso, Orietta está inmersa nunha procura constante de expresións e historias. A través das súas fotografías, intenta transmitir as sensacións que experimenta cando cre atopar o que estaba a buscar.
Data: 7/Nov/26 Lugar: Salón Actos da Deputación Lugo

alberte pereira
Fotógrafo de rúa
A rúa é un inmenso escaparate en constante cambio e movemento que ofrece múltiples opcións. Isto fai que ao principio un se sinta perdido e non saiba moi ben que fotografar nin como. Pero cando se adquire unha mínima base, a rúa engánchate e xa non poderás deixar de fotografala. Canto máis a percorres e te deixas levar polo vagabundeo intuitivo, atoparás nos seus recunchos múltiples oportunidades e quererás descubrir outros novos.
Data: 7/Nov/26 Lugar: Salón Actos da Deputación Lugo

susana kappler
Doutora e profesora da Universidade Autónoma de Madrid
Charla sobre os aspectos legais e a lexislación española aplicada á fotografía urbana, na que se abordarán a normativa e diversas resolucións xudiciais e administrativas.
Data: 8/Nov/26 Lugar: O Vello Cárcere - Lugo

iñaki izquierdo muxika
Fotógrafo documental
No seu traballo “Chernobil, la amiga invisible” reafirma o seu interese pola conexión entre a vida dos seres humanos e a fotografía. O seu desenvolvemento foi consecuencia de acontecementos vividos na nosa sociedade. Naceu froito da colaboración coas asociacións que realizan acollidas de menores bielorrusos afectados pola radiación do accidente nuclear de Chernóbil.
Data: 7/Nov/26 Lugar: Salón Actos da Deputación Lugo

tono arias
Fotógrafo e editor
Autor do proxecto DISPARA, un espazo web, galería e librería destinada a reunir traballos fotográficos de carácter documental e artístico.
Fotolibros “Outra maneira de contar” / "O segredo está na tripa”
O libro de fotografía - fotolibro - é hoxe a maneira máis axeitada para contar as nosas historias. Nesta charla debatirase acerca das claves para desenvolver un proxecto de maneira profesional, utilizando como referencia as publicacions editadas por Dispara e algúns dos fotolibros que xa se convertiron en iconas do medio.
Data: 8/Nov/26 Lugar: O Vello Cárcere - Lugo

vaia vaia
Colectivo e asociación cultural que organiza o Encontro de Fanzines e Autoedición Vaia Vaia, un festival enfocado na cultura independente, as publicacións autoxestionadas e a arte gráfica.
VAIA FOTOZINE
Outras formas de editar e compartir a fotografía. Este obradoiro propón explorar as posibilidades do fotozine como formato de edición, creación e divulgación da fotografía a través da realización dunha publicación colectiva.
Data: 8/Nov/26 Lugar: O Vello Cárcere - Lugo
patrocinan e colaboran














