Fotolibro Ruando
A rúa como espello. Unha mirada á alma urbana
Este catálogo é o resultado dun ano de camiñar con ollada atenta. Oitenta e nove fotografías de vinte e sete autoras e autores do Colectivo Ruando que percorren rúas, prazas, mercados e beirarúas da provincia de Lugo para revelar a poesía que habita no común.
Un reflexo nun escaparate, unha sombra que pasa, un encontro fortuíto… Cada imaxe contén un ritmo, unha respiración e un pulso humano que nos conecta co que somos: seres en movemento, habitantes dun espazo compartido.

O libro articúlase en dúas grandes seccións. A primeira, organizada en torno á figura do flâneur —o paseante que descobre a sorpresa alí onde todo o mundo pasa de longo—, percorre oito formas de habitar a rúa: pasear, vagar, testemuñar, observar, descubrir, proxectar, reflexar e mirar. A segunda, Outras Visións, amplía a mirada con corenta e cinco imaxes que exploran novas perspectivas e linguaxes dentro da fotografía de rúa.
Máis ca un catálogo, A rúa como espello é un arquivo vivo da cidade. Un recordatorio de que a realidade está feita de pequenos milagres diarios, e de que basta deter o paso un instante para que todo cambie.
Unha edición patrocinada pola Deputación de Lugo e a Rede Museística Provincial de Lugo.
204 páxinas · 23×23 cm · Novembro 2025
Dispoñible en librerías de Lugo:
Aguirre, La Voz de la verdad, Lectocosmos, Balmes, Troll, Trama, Biblos e online nas tendas online das librerías.




