
RuandoPhoto
Fest Lugo26
Festival de Fotografía de Rúa
4 — 8 de novembro de 2026 · Lugo
RuandoPhotoFest é un festival de fotografía de rúa que se celebra en Lugo durante a primeira semana de novembro de 2026. O festival reúne fotógrafas e fotógrafos profesionais, afeccionados e todas as persoas interesadas neste xénero nunha experiencia centrada na exploración creativa, a narrativa visual e o desenvolvemento de competencias fotográficas.
Durante cinco días, o evento inclúe exposicións colectivas e individuais, obradoiros especializados, masterclasses, paseos fotográficos guiados, visionados de portafolios, proxeccións, concursos fotográficos e actividades culturais paralelas.
A fotografía urbana combina rigor documental e creatividade artística, capturando narrativas humanas auténticas no espazo público. Historicamente vencellada a mestres como Henri Cartier-Bresson, Vivian Maier e Saul Leiter, a street photography consolídase como linguaxe visual imprescindible. Lugo, coa súa muralla romana e as súas dinámicas urbanas, é un escenario idóneo para este tipo de encontro.



Programación Provisional
Exposicións
Colectivo Ruando — Exposición colectiva
Iñaki Izquierdo Muxika — Exposición individual
El club de foto callejera de Jota Barros — Exposición colectiva
I Concurso de Fotografía Xuvenil Ruando Lugo26 — Exposición colectiva



I Concurso de Fotografía Xuvenil Ruando Lugo26
O concurso ten como obxectivo fomentar a creatividade artística entre a xuventude, promovendo a observación do contorno urbano a través da fotografía de rúa.
| Categoría | Idades | Nivel |
| A | 12 a 14 anos | 1º a 3º ESO |
| B | 15 a 17 anos | 4º ESO e Bacharelato |
| C | 18 a 22 anos | FP e outros estudos postsecundarios |
Premios en material fotográfico.



Obradoiros / Workshops
Desde o concepto ata a técnica, pasando pola edición e a narración, os obradoiros do Lugo Street Photo Fest ofrecen unha inmersión profunda nas múltiples formas de ver e crear fotografías.



Feria de Fotolibros
Un espazo dedicado á venda, exhibición e encontro arredor dos fotolibros e publicacións fotográficas, onde fotógrafos, editoriais e público comparten e descubren traballos relacionados coa fotografía urbana.



Colaboradores e Patrocinadores





